EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “FACTORÍAS VULCANO”

A Asociación Veciñal de Teis comezaba este ano 2011, ano no que conmemora o seu 35  aniversario, con neste novo proxecto de recuperación do patrimonio fotográfico- histórico de Teis. Esta iniciativa, presentada ao público por primeira vez no Centro Cívico de Teis, daba continuación a unha das liñas de traballo e obxectivos da nosa asociación que no eido cultural manifesta o seu firme propósito de investigar e recuperar a memoria colectiva do barrio de Teis.

A recuperación da fotografía histórica do barrio comezaba fai varios anos en forma dun primer proxecto expositivo, ao que seguiron novas exposicións e publicacións, que hoxe conforman un importante arquivo con máis de 15000 de fotografías dixitalizadas, imaxes que ilustran o paso do tempo no barrio de Teis dende os primeiros anos do século XX.

A mostra «Factorías Vulcano» representa o traballo realizado durante o último ano no arquivo fotográfico desta empresa a que temos que agradecer a súa disposición e colaboración, permetendo non só acceder senón tamen compartir este importante patrimonio fotográfico de mais de 6000 fotografías que hoxe forman xa parte do arquivo de imaxes dixitalizadas da Asociación de Veciños de Teis.

Queremos agredecer ao Centro Comercial Travesía o seu interese pola difusión da mostra, o cal ofrece aos veciños e veciñas de Teis unha nova oportunidade para disfrutar desta selección de imaxes que ilustran a labor dunha das empresas mais representartivas do barrio, as Factorías Vulcano.

No ano 1919, o vigués Enrique Lorenzo Docampo (1892 – 1981) funda a empresa Enrique Lorenzo e Compañía, denominada «La Vulcano». Arrincou nun pequeño obradoiro da rúa Canceleiro e cun único operario, un ano despois xa traballaban 40 homes en xornadas de 12 A 14 horas. A empresa trasladouse mais tarde a Ríos, ata asegurar unha concesión obtida no 1930 para instalarse en Espiñeiro.

No ano 1942 tiña capacidade para producir 25 caldeiras de locomotora e 40 para buques de pesca, convertendose sen dúbida, no estaleiro mais importante de Teis, cunha importante proxección sobre a economía e sobre o futuro deste barrio.

Acerca de Centro Comercial y de Ocio Travesía

¡¡Aquí me siento bien!! Moda, hogar, restauración, hipermercado, cines... Yelmo Cines, Carrefour, Lefties, Marypaz...
Esta entrada fue publicada en Actividades para todos. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario